Aplicacións

Camiña cara un futuro sostible con Atlantilus. A nosa plataforma versátil adáptase a unha ampla gama de sectores, incluídas organizacións medioambientais, empresas de enerxías renovables, parques nacionais, institucións académicas e administracións públicas. Con Atlantilus poderás monitorizar a calidade do aire, da auga e do solo, rastrexar a vida silvestre, xestionar os recursos hídricos e preservar a biodiversidade.

Acuicultura

Atlantilus proporciona vixilancia en tempo real con cámaras e sensores, incluíndo lugares remotos como polígonos de bateas tan expostos ao furtivismo e ao clima adverso. Permite monitorizar espazos naturais protexidos, flora, fauna e calidade do aire, adaptándose a áreas sen enerxía ou cobertura de comunicación.

Medio ambiente

A nosa solución ofrece cámaras con transmisión en directo de 360º para monitorizar niños de aves, especies ameazadas e zonas protexidas. Ademais, conta con sensores para alertar sobre a contaminación do aire en áreas naturais e espazos públicos.

Turismo sostible

Atlantilus pode monitorizar a contaminación lumínica e ser unha ferramenta auxiliar para obter certificacións como punto Starlight para a observación de estrelas e a promoción do astroturismo. Tamén conta cunha estación meteorolóxica para a medición de CO2, ruído e máis parámetros de interese para a conservación dos espazos, así como cámaras para a súa difusión en redes sociais.

Cultura

Atlantilus ofrece unha cámara de 360º para visitas virtuais a bens patrimoniais e espazos naturais protexidos, permitindo unha experiencia inmersiva. Tamén pode integrar unha estación meteorolóxica para proporcionar datos en tempo real durante a visualización destes lugares pechados ao público.

Agricultura e gandería

A agricultura e a gandería benefícianse do uso de sensores e cámaras para monitorizar en tempo real, xerando información valiosa para os agricultores e gandeiros. Atlantilus dispón de cámaras que se utilizan con fins de seguridade e para monitorizar cultivos, así como sensores para medir parámetros como luz, CO2, humidade, temperatura e precipitacións. No caso da gandería, poden engadirse sensores de material particulado e ruído, que proporcionan información útil sobre o benestar dos animais.

Turismo e deporte

Atlantilus ofrece cámaras para monitorizar zonas de praia e montaña, así como espazos para deportes mariños. As cámaras permiten consultar en liña as condicións ambientais, complementadas con datos de estacións meteorolóxicas. Ademais, Atlantilus pódese utilizar en miradoiros, centros de observación de fauna e outros lugares turísticos.

Universidades e institucións académicas

Optimiza a túa investigación científica con Atlantilus: sistemas de monitorización remota que simplifican a validación de hipóteses. As nosas cámaras modulares captan desde interaccións de polinizadores ata avistamentos de fauna, incluíndo gravacións subacuáticas proximamente, todo con menos desprazamentos e tempo do persoal.

Queres saber máis sobre Atlantilus?

Contáctanos