Insati
Somos Insati, unha empresa de base tecnolóxica con máis dunha década de experiencia no desenvolvemento de proxectos altamente innovadores, combinando tecnoloxías activadoras como IoT, IA, Cloud-Edge computing.
One Health
Deseñamos solucións tecnolóxicas enmarcadas no paradigma de One Health, estratexia global que defende que a saúde humana e a animal son interdependentes e están vinculadas de maneira dinámica aos ecosistemas nos cales coexisten.
Por que Atlantilus?
Atlantilus pretende dar resposta a todas estas relacións cambiantes, especialmente significativas nas últimas décadas debido a cuestións como a globalización, migracións, cambios na distribución xeográfica e rutas migratorias de diferentes especies animais, cambio climático, a deforestación, a gandería intensiva, contaminación, etc.