Monitorización ambiental

Atlantilus é ideal para calquera espazo que queira monitorizarse mediante sensores ou cámaras de forma remota. É de deseño modular e pódese armar á medida cos elementos que queiras engadir ao teu sistema.

Conta con tres módulos principais que se poden combinar con diferentes sistemas de comunicación e sistemas enerxéticos.

Fotómetro

Este sistema de fotografía e procesamento, captura o ceo nocturno para cuantificar a contaminación lumínica no espectro RGB. O seu funcionamento está automatizado e durante o día permanece en modo de baixo consumo para aforrar enerxía.

  • Auxiliar en zonas de observación do ceo nocturno
  • Ferramenta auxiliar na conservación da flora e fauna de áreas naturais protexidas
  • Auxiliar para monitorizar zonas coa Certificación Starlight, que promove o coidado e defensa do ceo.
  • Deseño compacto e de baixo consumo eléctrico
Fotómetro

Estación meteorolóxica

Mide 10 parámetros á vez e inclúe GPS. Estarás ao tanto dos cambios ambientais en tempo real, ademais de poder consultar o historial gardado.

  • Alarmas configurables para alertar sobre condicións adversas segundo os parámetros de interese
  • Deseño compacto e de baixo consumo eléctrico
  • Inclúe soporte axeitado para climas adversos
Estación meteorolóxica

Cámaras

Varias cámaras para transmitir en tempo real unha experiencia inmersiva sobre múltiples plataformas e accesible mediante aplicación móbil. Montadas en carcasas resistentes a ambientes adversos e con posibilidade integrar cámaras subacuáticas.

  • Cámara de 360º para unha experiencia inmersiva con lentes de RV
  • Transmisión en vivo ata en 8K
  • Activación mediante movemento e visión nocturna
Cámaras

Módulos

Ademais dos módulos principais, poden integrarse elementos de comunicación e de alimentación con enerxía renovable.

Router

Módulo de comunicacións

Conexión a internet (5G, satélite, Wimax,...) en entornos sen tecnoloxía de acceso

Panel solar fotovoltaico

Módulo de alimentación autónoma

Con enerxía solar e baterías, para entornos sen acceso á rede eléctrica

Especificacións técnicas

Sensores

Temperatura

Rango -40 ~ 85 ºC

Precisión ± 0.3 °C (@25 °C)

Humidade

Rango 0 ~ 100 %

Precisión ± 3 % (10~80 %)

Velocidade do vento

Rango 0 ~ 60 m/s

Precisión ± (0.3 + 0.03 v) m/s ≤ 30 m/s; ± (0.3 + 0.05 v) m/s ≥ 30 m/s, onde v é unha velocidade do vento estándar

Dirección do vento

Rango 0 ~ 360 º

Precisión ± 3 º (velocidade do vento < 10 m/s)

Presión do aire

Rango 300 ~ 1.100 hPa

Precisión ≤ ± 0.3 hPa (@25°C, 950 hPa ~ 1050 hPa)

Material particulado (PM2.5 e PM10)

Rango 0 ~ 1.000 µg/m3

Precisión 10 µg ± 10 % @ 0 ~ 500 µg/m3

Ruído

Rango 30 ~ 130 dB

Precisión ± 1.5 dB

Iluminación

Rango 30 ~ 100.000 lux

Precisión 3 % o 1 % F·S

Choiva

Rango 0 ~ 200 mm

Precisión ± 10 %

Posicionamento

Galileo, GPS, BeiDou

Cámaras

Cámara 360º

  • 30 MP
  • Transmisión en 4K e 8K a 30 FPS
  • Dispoñible para transmisión continua 24/7
  • Dispoñible con carcasa con protección IP68

Cámara PTZ

  • 4 MP
  • Zoom óptico x25 e movemento en horizontal e vertical
  • Aplicación móbil para control remoto
  • Visión nocturna
  • Protección IP66

Cámara para cuantificación da contaminación lumínica

  • 12 MP
  • Lente de 180º
  • Baixo consumo eléctrico

Comunicacións

Cableadas

Ethernet

Sen fíos

Wifi

Redes móbiles GSM, 4G e 5G

Satélite

Alimentación

Enerxía solar

12V DC / 3,66 A

Conexión eléctrica

240V AC / 0,18 A

Queres saber máis sobre Atlantilus?

Contáctanos